declaración de intencións!!

❗​ Existe un cambio de paradigma nos últimos anos á hora de publicar pezas coreográficas gravadas con planificación anterior. O algoritmo prioriza a aqueles perfís máis populares, sen intención de obter un resultado con calidade.

🌊​ Os valores da marca Galicia Ruando van máis aló do deportivo: é unha ponte entre a cultura da danza urbana e a inclusividade das referenzas á comunidade autónoma. Pretende posicionarse como fusión do máis tradicional galego, e os aires de modernidade e actualidade de dita actividade deportiva. Mistúranse elementos típicos da cultura galega con elementos básicos da danza urbana.

➡️​ Faise fincapé en factores de empoderamento (como a sexualidade dependendo en que estilos, ou revisar as orixes sociais e de protesta). Engadido ao anterior, todas as pezas publicadas en Galicia Ruando gozan de plena autenticidade (de propia edición e produción propia). Apóstase, pois, polo factor informativo (para unha correcta normalización da danza urbana en Galicia) e democratizador deste deporte.

➡️ ​Mediante a publicación das diferentes pezas preténdese crear comunidade de audiencia, establecendo unha rede entre espectadores, persoas interesadas nesta disciplina e academias, escolas, formacións e profesionais dentro da comunidade galega.

✅​ Un dos obxectivos é a estandarización e popularización da calidade audiovisual á hora de producir pezas de contido da danza urbana, con material accesible e priorizando definición de imaxe. Ademais, a vontade de Galicia Ruando tamén é:

▫️​ Aumentar a visibilidade do talento de persoas bailarinas galegas a través das diferentes publicacións nas plataformas, así como colaboracións con escolas, formacións e marcas de contidos achegados
▫️​Breve investigación sobre a danza urbana no mundo e en Galicia.

▫️Aumentar a visibilidade da cultura da danza urbana (en galego) sen necesidade de moverse fóra da comunidade.


Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.