cando todo comezou…


​📲​Galicia Ruando foi pensada coa vontade de crear un espazo único onde a danza urbana se exprese e se viva en galego. Esta marca naceu a comezos do ano 2025 como proxecto de TFM do Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo, e pretende continua a posteriori para brindar a maior publicación posible de contidos arredor desta disciplina artístico-deportiva.

🌟​ O nome ven da fusión entre a identidade da comunidade autónoma e a acción de ruar (moverse), o que podería estar ligado co concepto de movemento na danza urbana. O termo tamén podería reflectir unha idea de fluidez, de ritmo. É un guiño aos guetos marxinados minorizados de EEUU, berce da danza urbana. A inspiración tómase da canción RUANDO, colaboración entre Mondra -Martín Mondragón- e Aida Tarrío -compoñente do trío Tanxugueiras-.


​​💡​O proxecto botou a andar como unha iniciativa independente que mestura práctica e paixón polo deporte en cuestión, identidade galega e contidos dixitais de calidade en cada un dos 3 perfís en redes sociais:


​​1️⃣​ en Instagram (@galiciaruando_): expóñense os valores da danza urbana, procesos que xurden nunha aula de baile, conmemoracións, explicacións sobre os diferentes estilos da danza urbana, a presencia desta en eventos e persoas bailarinas invitadas.


​​2️⃣​ en Tiktok (@galiciaruando_): challenges, trends de danza urbana, titoriais sinxelos nos que se expliquen movementos básicos dos estilos de danza urbana, resumos mostrando o proceso creativo dunha peza coreográfica e a rutina dunha persoa que practica este deporte, mostra de eventos de danza urbana na comunidade galega,  backstage do traballo dunha persoa bailarina, vestiario, e acondicionamento físico con dieta equilibrada.


​​3️⃣​ en Youtube (@galiciaruando): entrevistas de persoas bailarinas urbanas de Galicia. En cada un dos capítulos trataranse temáticas específicas sobre as saídas (tanto formacións educativas como profesións) da danza urbana. Neles inclúense historias persoais e consellos para quen quere dedicarse a este mundo.

Entón… atrevédesvos a ruar?😜​





Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.