A situación actual da danza urbana

Nos shows de música en directo, son varios os grupos e cantantes que empregan danza urbana nas súas performances. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Chanel Terrero, Rauw Alejandro, Agoney, Emilia Mernes, María Becera, Lola Índigo, Mondra, Nicki Nicole, Tanxugueiras e Abraham Mateo.

Situación post-pandemia

Pese ao forte periodo de confinamento e de ver paralizada a actividade que obrigou a pandemia da COVID-19, o número de asistentes ás aulas de danza urbana en Galicia mantense en aumento. Incluso pódese falar dun maior interese das xeracións máis mozas para practicar este deporte, grazas ao consumo de contidos como os das plataformas de Tiktok (caracterizada por ofrecer pezas de curta duración). Estas pequenas píldoras poden estar supondo un empuxón para a visibilidade deste deporte, aínda sen estar respaldado laboralmente se se compara con outros países. 

E a actualidade?


Vicky Gómez e Exon Arcos (bailaríns e coreógrafos profesionais de danza urbana no panorama español) destacan a situación post-pandemia como positiva. Exemplo disto foi o famoso Chanelazo (RTVE, 2022), grazas a Chanel Terrero (gañadora do Benidorm Fest 2022 e representante española en Eurovisión 2022), cun espectáculo de baile que produciu un fenómeno (euro)fan nunca visto dende facía un bienio no panorama español. Con 459 puntos, a artista catalá conseguiu a maior puntuación para España dende que participa no certame (Castillo Fernández, 2023).

“A danza urbana apréndese, sobre todo, na rúa (…), require moito esforzo e formación”. (J KBello, cantante gaditano e candidato do Benidorm Fest 2025)

A cantidade de espectáculos musicais e concertos realizados os últimos anos deron visibilidade a unha fonte de talento que levaba anos reprimida. A pesar diso, é necesario mencionar que esta positividade non se ve sustentada a nivel económico. As profesións da danza urbana van ligadas a unha inestabilidade continua que require un nivel alto de control sobre as finanzas individuais de cada bailarín, provocando á súa vez efectos persoais debido á ansiedade constante por conseguir traballos temporais que lles proporcionen sustentos. Os soldos dos bailaríns seguen estancados a pesar das demandas culturais en aumento. Comparando o sector noutros países, fóra de España os bailaríns cobran o dobre ou mesmo o triplo de remuneración (Dejond, 2023).

Polémicas varias

O 12 de febreiro de 2025 as bailarinas María Gomis, María José Arcas e María Pizarro suben un post a Instagram a modo de comunicado, criticando a súa situación precaria como corpo de bailarinas da artista Chica Sobresalto no Benidorm Fest 2025. Nas diferentes filminas expoñen a inexistencia de dereitos e respaldo por parte do equipo responsable da cantante, así como a carencia da alta na Seguridade Social e dos acordos previamente pactados (en canto dietas e estancia se trata). A esta polémica, foron numerosas persoas bailarinas as que se sumaron ao apoio e resubida do post en concreto. Este caso, pois, adoita ser máis común do que a xente allea a este campo pensa que é (amosando abertamente a tónica xeral no mundo da danza urbana). 


Nhoa Urrestilla (bailarina da cantante catalá Rosalía na xira El Mal Querer) expresou non podcast de Judit Tiral (2025) que unha persoa bailarina xa non pensa en estar a priori todas as tempadas cun mesmo artista. A crew (nomenclatura como agrupación de persoas bailarinas dunha persoa artista) conformada nese intre é porque encaixa cas necesidades da xira dese intre da persoa cantante en cuestión:

“Cando ti creas algo na cabeza como artista (…) visualizas que esas bailarinas dese estilo encaixan para a túa posta en escena dese momento“

Deixa un comentario

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.