






Sexa da parte do mundo que sexa, cada estilo da danza urbana ten as súas orixes como forma de reivindicación social, dunha realidade que lles toca vivir e soportar. É a raíz dos pobos.
A voz dos pobos como unión
Tendo en conta a súa orixe histórica, a danza urbana posúe, en primeiro termo, o valor intrínseco de internacionalidade. Debido as súas misturas étnicas e de nacionalidades provocadas pola inmigración -por mor de conflictos bélicos e crises– á potencias mundiais -neste caso EE.UU.-, a danza urbana abrangueu dende o seu primeiro intre bailaríns de todo tipo de clases -dando imaxe de multiculturalidade-.
En maior medida, aquelas persoas bailarinas dos diferentes estilos pertencen a grupos minorizados da poboación, que buscan mediante a danza unha forma de expresión e voz que, por mor das represións sociais e políticas, non poden ter a priori -comparado con outros sectores da sociedade, que apenas ven danados os seus dereitos como ser humano-.
Ante todo, respeto
Consecuentemente, todo iso puido levarse a cabo grazas ao valor do respeto, se pertencese ou non ao mesmo clube ou banda. Esas medidas de resistencia que as persoas practicantes deste deporte posúen, son actos consecuentes dunha situación crítica de demanda social que están a vivir. En momentos de ataques, persecucións e crise -e toda arma represora dos estados-, as clases máis baixas son as que máis sofren directamente na súa vida diaria. Ao non dárselle espazo en eventos comúns públicos, búscano mediante a danza. Actualmente, respétase a diversidade de estilos, orixes culturais e ás demais persoas que forman parte da comunidade ou dunha aula.
A forza necesaria
Ademáis, unha disciplina artístico-deportiva así non podería ser realizada sen a resistencia, tanto físicamente -polo esgotamento que supón con cadansúa forma cada un dos estilos- como mental -require creatividade constante, sen contar co grao de debate social-. Require dedicación, práctica constante e superar os propios límites para mellorar cada día.
Dependendo do lugar de residencia de cada persoa practicante, terá máis oportunidades e medios para desplazarse e asistir a diferentes formacións de danza urbana. Polo tanto, unha vez máis a clase social-económica inflúe directamente na cantidade de tempo semanal que se lle adique ao deporte en cuestión. O anterior, pois, incide na situación de saúde mental da persoa bailarina, incluso chegando a provocar incidencias no estado físico.
Mellor unid@s!
Este cúmulo de variantes de estilo, cultura, orixes e etnias ofrece un dos seus valores maioritarios: a diversidade. Na danza urbana colectivos minorizados e discriminados social e lexislativamente ven nos diferentes tipos de clubes clandestinos -lugares agochados da lei onde as comunidades practicaban en conxunto a danza urbana- a súa vía de escape e desafogo, fronte unha realidade diaria abafante.
Ligado a isto, ven da man da tolerancia. As aulas de danza urbana -así como diferentes formacións- son lugares nos que son ben acollidos todo tipo de físicos, expresións e todas aquelas actitudes que difiren da norma. En último termo, este derradeiro valor foi froito das causas que o preceden, pois a danza urbana é un deporte cheo de inclusividade. É unha danza aberta a todas as idades, corpos, xéneros e culturas; non hai un único patrón válido.